Friday 03 de May de 2024

Neda celebra este sábado a V Carreira Escolar coa participación de máis dun centenar de nenos e nenas


A proba desenvolverase nas inmediacións da pista dos Subarreiros

Un total de 121 nenos e nenas tomarán parte este sábado 18 de xuño na V edición da Carreira Escolar do Concello de Neda, que a Administración local recupera tras un parón forzado pola pandemia. A saída situarase nas inmediacións da pista polideportiva dos Subarreiros, e as carreiras darán comezo a partir as 11 horas (a retirada de dorsais comezará ás 10 horas).

Aínda que predomina a presenza dos atletas locais, tamén haberá participación doutros nenos e nenas de coles da comarca, aos que se abriu a inscrición.

As distancias a cubrir, segundo a categoría, son as seguintes:
-Biberóns_50 metros
-Prebenxamíns_300 metros
-Benxamíns_600 metros
-Alevíns_900 metros.